é unha expresión despreciativa que escoitamos con frecuencia cando un home quere referirse a algo de pouco valor, sen importancia ou polo que non paga a pena preocurse. En efecto, na cultura tradicional galega o representa non só a forza e o poder, senón tamén o máis grande, importante e principal: o home vende as vacas, os porcos, a madeira do monte e as leiras; as mulleres o leite, os ovos e as galiñas.
O home que se interesa polas cousas das mulleres e colabora dos labores do fogar ou que permite que a muller interveña en asuntos que a cultura tradicional considera propios dos varóns é menospreciado e aldraxado con expresións como:
- conainas
- xanconas
- xandelas
- xanciño
- xanlanas
¡Muller tiña que ser!
É unha expresión empregada polos homes para esplicar a causa dunha acción que eles desaproban ou que, simplemente, non lle agrada. Óiselle principalmente ós conductores nas estradas, pese a que tódalas estadísticas corroboran que as mulleres sofren un menor número de accidentes de circulación e de menor gravidade. "¡Pero provócanos!", din os máis recalcitrantes para negarse a recoñecer que as mulleres teñen as mesmas habilidades que os homes á hora de conducir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario