viernes, 27 de marzo de 2009

Refráns

Home casado, muller é
Podemos atoparnos dúas explicacións a esta expresión que ten sempre connotacións pexorativas ou, cando menos, despreciativas:
  1. O home casado non dispón da liberdade dos solteiros a causa dos compromisos e responsabilidades familiares, o mesmo que a muller que bede contar co permiso paterno ou marital para tomar calquera decisión;
  2. O home casado xa non forma parte do grupo de homes que poideran seducirse cara a un futuro compromiso matrimonial e, polo tanto, perde esa parte de interés para as mulleres.
Segundo o contexto a frase terá un ou outro sentido.

Variantes:
Home casada, nen muller é;
Home casado, burro cansado;

Ditos frecuentes

Un home é un home
É una expresión de ánimo, de alento ou de admiración que se lle di a un rapaz cando fai algo que se considera máis propio dun adulto, como soportar unha dor sen queixarse, p.e. ou se mostra valente nunha situación de perigo e, sobre todo, cando é capaz de reprimir as bágoas nunhas circunstancias nas que outros chorarían. Neste caso a expresión pode ser empregada tanto por un home como por unaha muller.
Tamén se lle di a un home que realiza un labor que require forza ou habilidade. Neste caso emprégana principalmente as propias mulleres.
Non coñecemos na fala cotiá unha expresión equivalente que se lle aplique ás nenas.

Presenta variantes como:
- Un home é un home e un gato é un bicho;
- Un home é un home anque a muller lle pegue;

miércoles, 18 de marzo de 2009

A fala popular

Na fala popular galega atopamos moitos refráns, ditos, coplas e outras expresións que aluden á muller de xeito discriminatorio ou pexorativo, sendo as máis das veces as propias mulleres, polo seu papel de principais trasmisoras da tradición oral, as que contribúen a esa pervivencia do sexismo na nosa sociedade.

Unha filla non é nada,
dúas fillas algo son,
tres queiman a casa,
catro déixana un carbón.

Algunhas mesmo somellas ditadas polos prexuízos ou a envexa dunhas mulleres fronte a outras:
Non hai sábado sen sol,

nen morena sen amor,
nen moda que non pase,
nen p. que non case.
(Concello de Padrón)