As mulleres vellas tiñan fama de meigas
- parece que o/me veu unha meiga, cando unha persoa sofre varias disgracias en pouco tempo;
Tamén de "chuchonas", por zugaren o sangue dos nenos de corta idade; de traer malos agoiros, de bota-lo mal de ollo e, sobre todo, de rexoubeiras, de meterse nas vidas alleas e de non saber gardar un segredo.
Coplas:
Una vieja y un candil
son dos demonios en casa,
la vieja para reñir
y el candil quema la grasa.
(A Golada)
Unha vella e máis un vello
fixeron unha empanada,
a vella comeuna toda
e o vello quedou sen nada.
Unha vella dixo á outra
polo burato da porta:
-Ti goberna a túa vida
que a miña nada che importa.
Unha vella nunha fonte
por unha folla bebía;
a folla estaba rachada,
toda a auga lle vertía.
Refráns:
- A muller e a gaivota, canto máis vellas máis locas.
- Nen moza fea, nen vella que nono sexa.
Ás veces as coplas pexorativas alusivas ás mulleres adoitan a extendida fórmula "Miña nai e maila túa"
Miña nai e maila túa
van xuntas no San cibrán,
deixan as portas abertas
elevan as chaves na man.
Non escasean tampouco os ditos soeces e malsoantes:
Unha vella no tempo dos mouros
fixo cun peido unha praza de touros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario